Gamelas e Mariñeiros - Fotografías





As dúas Romelyas, de Xaime o Bispo




Gamelas na Fontaíña
7 xaneiro 2009


GAMELA CORUXEIRA

Embarcación propia da zona exterior da Ría de Vigo, onde faenaban con liña, nasas, rastro do camarón, marisqueo a flote ou a seca coas varas. Feitas con madeira de piñeiro i especialmente deseñadas para ser varadas nas praias batidas polo mar, navegaban a vela e remo ata principios dos anos sesenta, son unha evolución da gamela guardesa, o saber dos carpinteiros da ribeira de Coruxo, sempre en comunicación cos mariñeiros, incorporaron os corredores reforzando a estructura, o que permitíu traballar con madeira máis fina e facelas máis lixeiras. A adaptación aos motores foraborda propiciou que estas embarcacións centenarias se sigan utilizando no século XXI .

PRAIA DA FONTAÍÑA en Coruxo (Vigo), base principal, xunto coa PRAIA DA CALZOA, da gamela coruxeira


Amencer na dársena da Fontaíña, sae Ricucho no seu chinchorro, embarcará na sua gamela pra ir pescar robaliza nos mares de fóra: Agoeira, nas Illas Cíes, en Cabo Home, Suavela...


Sae o sol, ao fondo a praia de Samil e detrás o Monte Xaxán.


Gamelas varadas, en primeiro plano a Chisca, do meu tío Xaquín o Chisco Perrúa.




En primeiro plano a Lui de Jorge, da Asociación Cultural Gameleiros


A praia no inverno, ao fondo a Banda do Norte (para os mariñeiros de Coruxo), ou Cangas do Morrazo.

A VELA


A gamela Baluarte navegando fronte a Coruxo


Jorge navegando na súa gamela Carmen III pola costa de Coruxo, ao fondo a dereita Cabo Home e a esquerda Punta Cabalo (norte das Illas Cíes)




O Laura, de Jorge, a carón do vapor Hidria II nos Encontros de Bouzas 2008
Foto cedida por amiga atlántica



ALGÚNS MARIÑEIROS DE CORUXO


Xaime o Bispo botando aos roncudos fondeado nos mortos da Fontaíña, as gaivotas tamén esperan pillar algo.

foto dun mariñeiro ao timón dunha gamela
Dete, á caña do timón da gamela A Buxaina no Homenaxe aos Vellos Gameleiros en Cangas no ano 2005.


Pepe o Cabazo, á caña do timón da gamela Punta Helena navegando pola costa de Moaña nuns Encontros de Embarcacións Tradicionais.

foto dun mariñeiro de Coruxo
27 Outubro 2005
Xaquín o Chisco Perrúa, aparellando a Chisca

foto dun mariñeiro de Coruxo na Praia da Fontaíña
4 Nadal 2008
Xaquín, vello mariñeiro de Coruxo pasea pola praia da Fontaíña

foto con Mago de Hoz
29 Xullo 2004
O amigo Benxa en compaña de Mago de Hoz posan orgullosos sobre a Buxaina na praia da Fontaíña.